O humorista Mariano Mariano inaugura unha xoiería en Vilagarcía

    mariano100_071207_001.jpgVILAGARCÍA > Mariano Mariano cambiou esta tarde e por unhas horas a súa profesión de humorista e crítico de baile, pola de padriño dunha xoeiría.

    Trátase da franquicia + De Oro, que estes días inaugura por toda a xeografía galega as súas novas tendas. Hoxe tocoulle a Vilagarcía e Mariano Mariano estivo con eles.

    O humorista amosouse máis que ledo por volver a unha terra na que dixo sentirse coma en casa. Pese a que é de orixe extremeño e vive normalmente en Madrid, únelle aquí o seu apelido, Rebolo.

    Ademais, desfíxose en eloxios coa gastronomía do Salnés e co bo clima do que se desfruta en verán. Mariano Mariano falou tamén do seu futuro profesional; embarcarase nun proxecto teatral, a obra Todo viene en los libros, que xa foi presentada en Madrid, e que chegará en próximas datas ós teatro galegos. Unha obra na que actúa, canta e que está chea do seu particular sentido do humor.

    Deixará polo tanto o programa Mira quien baila que tanta fama lle outorgou nos últimos anos e do que se emitirá o derradeiro programa o 7 de xaneiro.

    Redacción Salnés