VILAGARCIA> Vilagarcía estrea na Sala Briones a exposición Carteis do 8M. Unha mostra de máis de 50 imaxes nas que se recollen as diferentes convocatorias e reclamacións feministas dos últimos 40 anos. Dende o concello sinalan a importancia de acoller esta exposición para mostrar o pouco que se avanzou e todo o que faltan en cuestións de igualdade.
O concello de Vilagarcía xa ten preparados os seus actos para conmemorar o 8 de marzo, o día internacional da muller. O programa, comezou esta semana coa inauguración da exposición Carteis do 8M na sala Rivas Briones. Unha mostra de máis de 50 imaxes que recolle as diferentes convocatorias e reclamacións feministas dos últimos 40 anos.
A mostra é cedida polo museo do pobo galego. Dende o museo destacan a importancia de sacar das súas instalacións esta exposición para mostrar á cidadanía todo o que se loitou e o que falta por conseguir.
Dende o concello agardan que esta exposición deserte moitas conciencias e evitar dar pasos atrás en cuestións de igualdade.
A exposición estará dispoñible ata o vindeiro 25 de marzo.