O BNG reclama á Xunta un estudo técnico na D.O. Rías Baixas sobre o debate da redución dos rendementos

CAMBADOS> O BNG oponse á redución do rendemento de uva por hectárea que están a debater algúns sectores da Denominación de Orixe Rías Baixas. A formación considera que o debate é inxustificado e que reducir os copos dos 12 mil aos 10 quilos de uva por hectárea só prexudicaría aos pequenos produtores, principalmente na comarca do Salnés. A formación reclama tamén á Xunta que realice un estudo técnico para avaliar a situación.

O BNG reclama que se retire da mesa o debate sobre a redución dos rendementos de uva por hectárea na Denominación de Orixe Rías Baixas. A proposta plantexa baixalos dos 12 mil quilos por hectárea actuais ata os 10.000.

A formación xa rexistrou unha iniciativa no Parlamento de Galicia sobre esta cuestión. Tamén reclaman á Xunta que interveña.

Precisamente, os nacionalistas defenden que non hai motivos técnicos que xustifiquen a apertura deste debate.

Pola súa banda, o BNG pon o foco na necesidade de garantir a estabilidade na Denominación de Orixe e a viabilidade tamén das pequenas plantacións.

Ademais de no Parlamento de Galicia, esta cuestión debaterase nos plenos dos concellos da Denominación de Orixe Rías Baixas a través de mocións presentadas polo BNG.