Extrugasa e Establecimientos Otero comerán o turrón tranquilos

kiesha100_111207_.jpgSALNÉS > Este ano os aficionados ó baloncesto en Vilagarcía non queren que chegue o Nadal. Aínda restan por ver dous partidos do Extrugasa antes do parón…

…pero é que a xente estase a acostumbrar a ver xogar, e gañar, ó seu equipo cada tres días. A verdade é que o nivel amosado neste primeiro tramo de temporada foi máis que notable.

Estase a comproba-la importancia do conxunto, de tódalas xogadoras e en especial de catro delas. Kiesha Brown dende fóra e Agne Ciudariene no xogo interior, asumen responsabilidades no plano anotador. Marina Kress xa está entre as mellores da Liga en rebotes e Sara Gómez continúa a crecer como xogadora, e xa se lle víu este ano tirando do equipo nos derradeiros instantes dos partidos apretados.

Precisamente este tipo de encontros son a asignatura pendente deste conxunto, que caeu derrotado sempre que o partido chegou igualado ó final. É verdade que non se lles pode pedir máis; xogan cada tres días, pasan máis tempo nos avións que nas canchas e enfróntanse a equipos máis experimentados, e sobre todo, con máis presuposto. A todos eles, as rapazas de Isaac Fernández souberon poñerlle contra as cordas. O fixeron dúas veces contra as italianas do Familia Schio, contra o San José e contra o BC Moscú. Nos catro partidos deixaron o rival nunha mesma cifra, 67 puntos, pero non foron quen de remata-la faena, unhas veces por acerto do rival, outras polo desacerto propio e algunha máis das desexadas, polos árbitros.

Agora queda desfrutar este sábado en Fontecarmoa do último partido do ano ante o Rivas Futura, complicado rival. Antes, o xoves, o derradeiro e decisivo encontro contra as rusas do BC Moscú. Unha victoria significaría seguir vendo baloncesto de alto nivel, de Eurocup, en Vilagarcía.

Na EBA, ó Inelga non lle van mal as cousas pero a realidade é que están levando unha traxectoria máis que irregular. Camiñan a día de hoxe novenos na táboa, cun balance de cinco victorias e seis derrotas; é o terceiro equipo menos anotador da competición e quizáis notou esa falta de frescura en ataque en determinados partidos. Foron quen de sacar grandes encontros e de perder outros de maneira desastrosa. O equipo ten potencial para non pasar problemas e estar na zona alta da táboa, seguro que o acadan, comezando polo seguinte encontro ante o Lan Mobel.

Unha división por debaixo está un Establecimientos Otero que busca descaradamente o ascenso. Nove victorias e dúas derrotas colócalles segundos na xeral. Soubo remonta-lo vóo cando perdeu dous partidos consecutivos ante rivais directo como Arzúa e Riazor e gañar ó equipo máis forte do campionato, ó actual líder Cafegal Pabellón. Aínda queda moito pero pìnta ben.

Redacción Salnés