Nove rapaces vilagarciáns, campións de España de Taekwondo

taekwondo100_111207_.jpgVILAGARCÍA > O taekwondo vilagarcián está de noroboa. Nove rapaces do Club Olimpic acadaron esta fin de semana o título de campións nacionais en técnica e exhibición.

Máis de catro anos traballando en piruetas e katas tiveron a súa recompensa esta pasada fin de semana, nos días 7 e 8 en Alicante, datas nas que se desputaron os campionatos.

Eles gañáronse a praza despois de alzarse co título rexional, nunha moi complicada e desputada proba na que se impuxeron por moi pouco ós vigueses do Club Tao. Agora ós que lles tocou morde-lo pó foron ós cataláns, valenciáns, madrileños e compañía que nada puideron facer ante os pupilos de Miguel Ángel Cuevas, adestrador e director do Club Olimpic Vilagarcía.

O que está claro e que este non é un deporte calquera. Os rapaces adestran moi duro tódolos días, entre hora e media e dúas horas, e durante os últimos dous meses incluso o fixeron en sábados e domingos. Agora descansarán durante un tempo antes de voltar a prepara-la seguinte competición.

De tódolos xeitos, cabe a posibilidade de que a vindeira semana sexan recibidos no Concello pola alcaldesa Dolores García como recoñecemento á súa sobresaínte actuación, ainda que falta confirmación oficial.

Por outra banda, haberá que segui-la pista a este club no vindeiro mes de febreiro, xa que varios dos seus membros desputarán o Campionato Nacional en categorías Junior e Absoluta.

Redacción Salnés