A Antena Local de Boiro ofrecerá numerosas xornadas formativas

    BOIRO> A entidade, posta en marcha pola Cámara de Comercio de Santiago, fixo balance da súa actividade entre xaneiro e xuño deste ano.

    Os datos recollidos, tras o balance da Antena Local de Boiro, mostran que a entidade atendeu máis de 300 consultas de emprendedores, empresas e colectivos empresariais da comarca do Barbanza. Segundo apunta o informe da entidade, realizáronse consultas sobre subvencións, comercio interior e exterior, reclamacións de diversa natureza e consultas sobre servizos camerais. Unha das accións máis relevantes, foi a constitución do observatorio económico comarcal, que mediante reunións periódicas afonda na realidade empresarial do territorio e planifica actividades para incentivar o seu desenvolvemento. Destaca ademais a aposta pola formación. Continuando a liña deste ano, están previstas máis de 20 xornadas formativas que traballaran no ámbito do coaching, do escaparatismo, do comercio electrónico, das ferramentas publicitarias ou de novas tendencias en hostalaría entre outras.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí