Preto de 70 adegas de diferentes partes do mundo estarán presentes na Feira do Viño Castes

VILAGARCÍA> Vilagarcía e o sector vitivinícola volven a aliarse coa terceira edición da feira do viño “Castes”. No festival participarán este ano preto de 70 adegas. O evento terá lugar os días 16 e 17 de novembro.

Vilagarcía volverá a ser o epicentro do viño os días 16 e 17 de novembro coa celebración da terceira edición da feira do viño “Castes”. Un evento que a palabras dos seus organizadores naceu e permanecerá toda a súa vida na vila. A feira serve para gozar na localidade do mellor viño. Ao festival asistirán referentes do ámbito das adegas.

A feira conta este ano con dúas novidades: Ampliase o horario de 12:30 horas a 20:00 horas e o campionato de catas pasará a ter carácter internacional.

A participación de adegas ascende este ano ata preto das 70 con especial protagonismo para as galegas, portuguesas e do Bierzo. A cita complétase con adegueiros nacionais e internacionais.

Dende o concello destacaron a importancia que a feira ten para Vilagarcía. Un evento que contribúe á desestacionalización dos eventos e que leva á localidade a máis de 1000 visitantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí