![]()
PONTEVEDRA > Un accidente de tráfico ocorrido no concello de Barro, na autopista AP- 9, dirección Pontevedra, paralizou un dos carrís…
…da vía durante algo máis dunha hora. Un choque entre unha furgoneta Mercedes e un camión, rematou cun falecido:un home de vinteún anos, e veciño da Coruña. A vítima viaxaba de acompañante no vehículo sinistrado, cun compañeiro de traballo.
Ás doce do mediodía, a Garda Civil e a Central de Coordinación de Chamadas do 061- Galicia, teñen constancia dun accidente de circulación na autopista AP 9, concretamente no Kilómetro 118, sentido Tui, cun resultado dun morto.
Tratouse dunha colisión entre unha furgoneta Mercedes e un camión. A primeira hipóteses que se baralla e que o condutor da furgoneta efectuaba un adiantamento e cegoulle a luz do sol, polo que acabou embestindo un camión que circulaba a menos velocidade.
Ámbolos dous condutores resultaron ilesos. O falecido ía de acompañante na furgoneta, tiña vinteún anos, e era veciño de A Coruña.
Para atender a vítima, politraumatizado, Urxencias Sanitarias de Galicia enviou unha ambulancia asistencial e ao helicóptero medicalizado, con base en Santiago. A pesares dos esforzos do equipo médico, o home faleceu no lugar do sinistro.
Os dous viaxantes da furgoneta, son traballadores da empresa “ViFer y de Diego S.L.”, dedicada á rotulación e impresión dixital de gran formato.
A Garda Civil encárgase de instruír o caso.
{flowplayer}images/salnes/accidente.flv{/flowplayer}
Redacción Salnés








