RIBEIRA> Unha vintena de accións encamiñadas a estender o coñecemento da lingua e culturas galegas integran a programación do Maio das Letras de Ribeira. O público infantil e xuvenil cobrará especial protagonismo posto que a obra de María Victoria Moreno, homenaxeada este ano o días das Letras, vai dirixida especialmente a este sector. O propio 17 de maio desenvolveranse actividades durante todo o día con obradoiros e xogos populares, mñusica tradicional polas rúas e a actuación estelar das Tanxugueiras no auditorio.Haberá tamén durante todo o mes concertos e audicións a cargo dos alumnos do conservatorio así como presentacións de libros e exposicións no centro cultural lustres Rivas e na biblioteca. Os interesados en coñecer máis polo miúdo este programa xa o teñen dispoñible na web do concello.
Inicio BARBANZA