Case medio cento de familias de Barrantes carecen de subministro de Gas

    sen_gas_100.jpgRIBADUMIA > Case medio cento de familias de Barrantes, en Ribadumia levan toda a semana sen gas propano.

    O motivo é que a empresa encargada do subministro Repsol négase a rechear o depósito que abastece a tres bloques de vivendas situadas nesta rúa Valle Inclán. Aínda por riba, non lle ofreceron ningunha solución alternativa, tal e como lles prometeran; polo que os ánimos dos veciños empeoran por momentos.

    Sen previo aviso, a estes veciños cortáronlle o subministro de gas o domingo. Desde entón, non poden facer cousas tan cotiás como cociñar, ducharse con auga quente ou acender a calefacción. A orixe do problema reside en que as novas construccións da mazá deixaron ó depósito sen a ventilación requirida. Agora, Repsol culpa á Consellería de industria de non darlle a licencia; e o ente da Xunta di que a responsabilidade é da empresa subministradora.

    Mentres tanto, os veciños seguen sufrindo as consecuencias desta situación sen que ninguén lles ofreza unha solución alternativa. Os afectados dirixíronse ó Concello para pedir que os axudasen a buscar unha solución de contado, onde segundo eles, lles contestaron que non tiñan nada que ver; malia que é o concello quen concede o permiso para seguir construíndo nesta zona.

    Redaccción Salnés.