Valoración positiva da VII xornadas de exaltación da centola

    081209_centola100.jpgO GROVE> Esta mañá entregábanse os premios correspondentes ós concursos de pratos elaborados con centola e de mellores pezas.

    {flowplayer}images/salnes/081209_centola.flv{/flowplayer}

    O GROVE> Hoxe rematan no Grove ás sétimas xornadas de exaltación da Centola; unha mostra gastronómica na que a centola foi a máxima protagonista, tanto por medio das degustacións que se fixeron en varios restaurantes deste Concello, como no tocante a outros concursos e actividades paralelas.

    Un destes certames foi o concurso de pratos elaborados con centola, que desta volta recaeu no Restaurante local Culler de Pau. Foi o propio cociñeiro e propietario, Javier Olleros, o encargado de recoller o premio conseguido ca orixinal receita “albóndigas de centola co seu caldo de arroz e verduriñas.

    Esta mañá tamén se entregaron os premios correspondentes ó concurso da mellor centola, no que foron galardadoados, Eduardo Rey Radio do Barco Compañeira, que presentou un centolo macho de 4.5 kg e Adonis Martínez Padin do Barco Pontes, que presentou unha femia de dous kilos; ámbolos dous recibiron unha insignia cunha centola de prata e cadanseus 200 euros. Os segundos premiados foron Antonio Oubiña Pérez do Barco Atir, cun centolo macho de catro quilos pasados e Manuel Soutullo do Barco Chubasco, cunha femia dun quilo 850 gramos; polos que foron recompensados con outros tantos 150 euros.

    Pero sen dúbida o momento máis emotivo deste acto foi o recoñecemento a toda unha traxectoria dedicada ó mundo do mar que este ano recibiu emocionado, Juan Mascato Domínguez. A concellería de turismo meca pecha así esta última edición destas xornadas de exaltación na que o Grove foi un dos puntos quentes do turismo galego, malia o mal tempo desta ponte. Hoxe, o concelleiro responsable, Jorge Olleros, facía balance positivo pensando xa vindeira edición.

    Redacción Salnés