Os sindicatos mobilizan a unhas dez mil persoas en Vilagarcía

    manifestacions_salnes29M copy.jpg VILAGARCÍA> Resposta masiva da cidadanía nas manifestacións convocadas polos sindicatos en Vilagarcía nesta xornada de Folga Xeral.

    {flowplayer}images/salnes/MANIFESTACIONS_SALNES_29M.flv{/flowplayer}

    A CIG xuntou a unhas tres mil persoas, e segundo recorda o sindicato foi unha das máis numerosas das que teñen celebrado na comarca. E UXT e Comisións Obreiras, pola súa banda, conseguiron mobilizar a unhas seis mil.

    Foron por separado, a CIG saíu da Casa do Mar para rematar na praza de Galicia, e UXT e Comisións iniciou e finalizou o seu percorrido na praza de Ravella. Os sindicatos son escépticos ante a reacción que terá o Goberno central, pero inda así esperan que pare a reforma laboral.

    Segundo calcula a CIG, con esta reforma, nas zonas de Salnés, Caldas e Umia, o paro podería aumentarse en mil persoas máis neste ano. Sindicatos, como a CIG, manifestáronse dispostos a convocar novas xornadas de folga xeral no caso de que o Goberno Central siga adiante coa reforma.

    Redacción Salnés

    Comments are closed.