O Sindicato Labrego lanza unha campaña de promoción dos viños galegos

    campana100_001.jpgPONTEVEDRA > O Sindicato Labrego Galego presentou hoxe unha campaña coa que pretende promocionar o consumo dos viños galegos.

    Entre estes caldos inclúense as cinco Denominacións de Orixe galegas, Rias Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei; un viño portugués e tamén os coñecidos coma Viños da Terra. Unha denominación esta última que inclúe ós viños da Terra de Barbanza e Iria Flavia e a de Terra de Betanzos.

    Para a consellería de Medio Rural é un aspecto clave promocionar os produtos galegos de calidade, que coma os viños, permiten a subsistencia do mundo rural. O sector vitivinícola, é un dos máis produtivos, dos que máis beneficios dá, e tamén dos que é capaz de atraer a máis mozos para dedicarse a el. Neste aspecto tamén incidiu hoxe o responsable da campaña, Roberto Rivas. Rivas tamén sinalou hoxe que outro obxectivo da campaña é recuperar a cota de mercado dos viños, dentro do mercado galego. E é que mentres que os caldos do país están a entrar con forza en varios mercados extranxeiros, no galego están a perder forza.

    Nas xornadas que comezarán o 26 de decembro vindeiro, haberá un día dedicado a cada unha das Denominacións de Orixe galegas, e tamén outro no que se falará das chamadas Denominacións da Terra. Estarán presentes cada día un pequeno produtor e unha empresa de maior tamaño, para reflexar a dualidade que se dá no sector, no que conviven as grandes cooperativas e as pequenas adegas.

    Redacción Salnés