![]()
RIBADUMIA > As máis de corenta familias que residen na rúa Valle Inclán de Barrantes xa teñen de novo subministro de Gas; logo de catro días de carestía. Está mañá operarios da empresa subministradora Repsol, instalaban 30 bombonas de gas…
…propano que abastecerán de xeito provisional a todos estes fogares. A partir de hoxe, os veciños xa poderán dispoñer de auga quente nas súas casas ou de gas para cociñar.
O que aínda non poderán facer é prender a calefacción, posto que o gas destas bombonas non é dabondo para poñelos aparellos en marcha. De momento os veciños están satisfeitos con esta medida provisional pero agardan que sexa por pouco tempo; e que de contado lles faciliten unha solución definitiva. O que non entenden é porque non se pode rechear o gran depósito que está instalado a tres metros do seu edificio por cuestións de seguridade, e si se poden adherir 30 bombonas industriais ó mesmo edificio. Deste xeito, os ánimos destes afectados aínda non están aplacados e demandan unha explicación por parte da empresa concesionaria.
Estes veciños queren aclarar que no Concello de Ribadumia si que os recibiron en varias ocasións respecto a este tema; malia que non lle propuxeran ningunha solución satisfactoria. De feito esta tarde, varios deles acudiron a entrevistarse ca alcaldesa de Ribadumia, para intentar buscar unha solución satisfactoria a longo prazo.
Redacción Salnés.








