Outes dá luz verde á creación dunha comisión para avanzar nos cambios do actual PXOM

OUTES> O órgano estará integrado polos distintos grupos políticos que conforman a corporación.

Segundo explicou o propio alcalde, Manuel González, esta comisión está pensada para a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal e así dar resposta a unha vella demanda do Concello, como é a dotación de chan industrial.

O Concello xa baralla varias localizacións para poder emprazar alí o polígono. Propostas todas elas que lle foron presentadas con anterioridade ós empresarios do municipio.

O alcalde explicou que a proposta mellor valorada seralle remitida á Xunta de Galicia co fin de iniciar os trámites necesarios para levalo adiante.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí