![]()
VILANOVA> O presidente da Deputación de Pontevedra inaugurou un recinto remodelado grazas á implicación dos veciños e do concello.
{flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_CAMPO_TRAVESAS.flv{/flowplayer}
Os veciños das Travesas, en Vilanova, celebran este ano as festividades do Santo Cristo e a Virxe dos Remedios nun entorno totalmente renovado e adaptado ás súas necesidades. E é que esta explanada contaba xa con máis de 30 anos e o seu nivel de deterioro era evidente. Coas obras acometidas conseguiuse poñer en valor o recinto da capela, nivelando e ensanchando o terreo á vez que se mellorou o acceso lateral e se pavimentou.
En total investíronse algo máis de 153.000 euros, uns traballos nos que a colaboración dos veciños foi fundamental. A actuación completouse co levantamento dun muro de mampostería, a instalación de bancos, papeleiras e árbores que dean sombra.
Desde a comisión de festas animan a tódolos habitantes da contorna a gozar destas festas, que contarán coas actuacións esta noite das orquestras Xerusalén e Tango e mañá Panorama e Bámbola.
Redacción Salnés








