O BNG esixe un estudo para a implantación da TDT en Ribeira

    tdtribeira_100_261207.jpgRIBEIRA > O BNG de Ribeira presentará unha iniciativa ante o executivo local para solicitar melloras na cobertura da televisión dixital.

    Na actualidade, algúns núcleos das parroquias ribeiresas, especialmente Artes, Oleiros e Olveira, presentan numerosos problemas para a recepción de determinadas canles de televisión.

    Ante a inminente implantación do sistema de televisión dixital terrestre, o BNG pretende que se corrixan as deficiencias existentes para non condenar a estes veciños a quedar sen cobertura dixital.

    Na iniciativa que os nacionalistas levarán a pleno esixen ó executivo municipal a realización dun estudo técnico sobre a situación da cobertura en todo o concello. Unha vez concluído o informe, pretenden que o concello asuma a instalacións dos equipos e medios que garantan a recepción da sinal a tódolos fogares

    Custo asumible

    Os nacionalistas consideran que se trata dunha iniciativa perfectamente asumible, posto que existen subvencións autonómicas destinadas precisamente á mellora da cobertura.

    Coa instalación dos reemisores darase por fin un servizo axeitado a tódalas parroquias, poñendo fin a unha vella demanda dos veciños que levan anos reivindicando melloras na cobertura.

    Actuacións anteriores

    Xa en marzo de 2005, o BNG presentara unha iniciativa para solucionar este problema que, daquela, foi aprobada de xeito unánime pola corporación. Sen embargo, ata o de agora e a pesar de novas propostas promovidas pola formación frentista, as melloras acometidas neste ámbito non teñen solucionado os problemas de cobertura que, diariamente, ten que sufrir unha boa parte da poboación rural do municipio.

    {flowplayer}barbanza/tdtribeira.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza