Ximnasia pélvica para previr incontinencia urinaria

    charlaincontinenciaurinaria_100_140207.jpgA ILLA > O Concello desenvolverá a partir do día 17 un curso de ximnasia pélvica para previr problemas de incontinencia urinaria…

    … A modo de introducción, onte á tarde organizouse unha charla informativa sobre a prevención e tratamento deste problema, físico e social.

    Dous millóns e medio de persoas padecen en España de incontinencia urinaria, das cales, unhas tres cuartas partes son mulleres. A pesar de ser un problema frecuente, hoxe en día aínda se segue mantendo oculto, e moitos cren incluso que é algo normal, propio da idade. Sobre esto reflexionouse onte na Illa nunha charla, na que, sobre todo se incidiu en que hai tratamento e solución a este problema.

    charlaincontinenciaurinaria_200_140207.jpgO relatorio correu a cargo da doutora María Reyes Pérez, licenciada en fisioterapia e profesora na Universidade de Vigo. Segundo indicou uns dous millóns e medio de persoas teñen perdas involuntarias de orina o que lles ocasiona problemas hixiénicos, pero sobre todo sociais e psíquicos. Os afectados, a maioría mulleres, sobre todo a partir da menopausa, sofren este problema en silencio e pensan incluso que é algo normal, propio desas idades.

    Aféctalles ademais na súa actividade cotiá e reduce a súa calidade de vida e moitos resígnanse a buscar axuda. Unha idea que quixo desbotar desde o principio a doutora Pérez: ‘non é consecuencia irremediable da idade, pódese tratar e ten solución’. Na charla explicou que é a incontinencia urinaria, derivada da debilidade nos músculos do solo pélvico. E amosou algunhas solucións.

    Redacción Salnés