![]()
VILAXOÁN> Catro traballadoras explicaron ós cativos que non hai profesións exclusivas de homes nin de mulleres.
{flowplayer}images/salnes/060309_ceip_vilaxoan_muller.flv{/flowplayer}
María López como condutora de autobuses, Goreti Freire de operadora dunha Ferraría, Estefanía Pombo, traballadora de obras e Mari Gontad, xardineira, son só unha pequena mostra das moitas mulleres que cada día acceden a postos de traballo tradicionalmente reservados ós homes. Elas aseguran que o que capacita para desempeñar unha profesión é a formación e dedicación, desterrando os mitos do esforzo físico.
Ante un público formado por alumnos de seis a doce anos do colexio de Vilaxoán, as traballadoras responderon a algunhas das curiosidades dos cativos.
Con este tipo de encontros os educadores pretender ir inculcando nos rapaces os valores de igualdade social e laboral entre homes e mulleres, unha formación que, segundo os mestres, comeza no colexio, pero ten que seguir na casa.
Redacción Salnés








