A Mancomunidade do Salnés leva a Cidade Europea do Viño ata Alemaña

    CAMBADOS> A esta hora xa está en Alemaña unha comitiva da Mancomunidade do Salnés e do concello de Cambados, para presentar xuntos durante estes días á capital do Albariño como Cidade Europea do Viño. Esta promoción internacional terá como escenario a Kieler Woche, o evento náutico máis relevante do norte de Europa. Antes de partir, contábannos a relevancia da viaxe. Desde hai anos a Mancomunidade do Salnés visita ó importante colectivo de emigrantes da comarca que hai na localidade alemaña de Kiel, e este ano, con máis motivos aínda, fará o mesmo. Desta volta, cun dobre obxectivo, xa que se presentará Cambados como Cidade Europea do Viño ante os millóns de persoas que asisten á Kieler Woche. Unha das festas náuticas máis grandes do mundo. Unha mostra máis do apoio que presta a Mnacomunidade ó concello cambadés, desde o primeiro momento que se soubo do nomeamento da vila como Cidade Europea do Viño. Algo que quixo volver a agradecer durante a presentación da viaxe, o tenente de alcalde Xosé Ramón Abal, que destacou tamén a relevancia desta promoción internacional para Cambados . Antes de partir rumbo a Alemaña, onde estarán ata o sábado, Abal lembrou, para todos aqueles interesados en gozar deste novo servizo do Enobus, que inclúe visitas a bodegas e experiencias enoturísticas, que desde hoxe poden mercarse os tickets nas oficinas de turismo de toda a comarca.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí