J. Gago e T. Fole manifestan as súas condolencias trala morte de Cuíña

    gago_100.jpgVILAGARCÍA > O actual presidente da autoridade portuaria de Vilagarcía e o que fora alcalde socialista deste Concello durante 16 anos,…

    … Javier Gago, lamentaba hoxe profundamente o falecemento do popular Xosé Cuíña, a quen el se dirixe con agarimo como Pepe.

     Gago amosouse moi afectado polo falecemento deste seu amigo a quen el lembra como un dos máis destacados políticos galegos dos últimos tempos.

    No tocante as actuacións realizadas en Vilagarcía, Gago sobranceou a especial atención que tipo sempre o ex-conselleiro con esta cidade, na que cursou estudios na súa infancia.

    Por outra banda, a equipa do PP Vilagarcián recibía esta mañá consternada a nova do falecemento. O seu líder, Tomás Fole tivo sentidas palabras de recordo para este político, cuxo carácter forte e controvertido, derivaba da súa decisión persoal de exercer unha política en contacto permanente ca cidadanía.

    Fole coincidiu en salientar o apoio deste fillo adoptivo de Vilagarcía para con este concello, independentemente das cores políticas que gobernaban daquela. As súas declaracións non foron moito máis aló, dada o inesperado da mala nova.

    Redacción Salnés.