Vázquez asina contratos-programa con 129 centros

     PONTEVEDRA> Buscan a excelencia nos estudios e evitar o fracaso escolar

    {flowplayer}images/salnes/ConstratosPrograma_210113.flv{/flowplayer} 

    129 centros da provincia de Pontevedra, 27 máis que no curso pasado, participarán este ano nos contratos-programa e o Programa de Iniciativas de Mellora. En Pontevedra e comarca realizarnase 98 actuacións, 65 enmárcanse na liña de reforzo, orientación e apoio; 21 na de mellora da lectura, escritura e cálculo; 6 na destinada a favorecer a convivencia; 1 na dirixida á redución do fracaso escolar; e 5 na liña de mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia. Algúns centros asinaron o desenvolvemento de dous ou máis destes proxectos.

    A Consellería de Cultura e Educación asinará contratos-programa cun total de 289 centros educativos en toda Galicia. Deste xeito quedou confirmado o éxito da segunda convocatoria desta iniciativa. O obxectivo é que se beneficien destes contratos-programa preto de 35.800 alumnas e alumnos de toda Galicia, grazas á implicación de 2.950 docentes. Pola súa parte, a Consellería inviste nesta iniciativa máis de 3,2 millóns de euros.

    Redacción Salnés