Sen solución o problema dos aparcadoiros a mes e medio do arranque das obras

    VILAGARCÍA> Despois de que a conselleira de sanidade adiantara que os traballos no hospital do Salnés arrancarán antes de que remate o ano, dende a Mancomunidade agardan que as obras estean iniciadas antes do Nadal. Porén, a pouco máis dun mes de que dean comezo os traballos de ampliación, nada se sabe das xestións para solucionar o problema dos aparcadoiros no entorno do hospital.

     

    Antes de que remate o 2014, poderemos ver as máquinas traballando no Hospital do Salnés. Cando menos, iso asegurou a Conselleira de Sanidade a comezos desta semana; unha noticia que celebran dende a Mancomunidade.

    Só resta mes e medio para despedir este ano. Por iso dende a Mancomunidade agardan que os traballos de ampliación arranquen antes do Nadal.

    O que aínda se descoñece é cal será a solución ao problema dos aparcadoiros no entorno do hospital.

    Os comuneiros de Rubiáns fora o colectivo co que sentara Tomás Fole para buscar terreos para o novo aparcadoiro do Hospital comarcal. Porén, o propio presidente da asociación, Xurxo Abuín, sinalou nesta canle que non volveron ter contactos co alcalde de Vilagarcía dende a súa primeira e única xuntanza.  Nese encontro celebrado no mes de agosto, os comuneiros expresaran a súa vontade de buscar a fórmula para ceder os terreos para construír o novo aparcadoiro.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/13/gonzalo_hospital_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/13/gonzalo_hospital_salnes.mp4{/flowplayer}