Durán: ‘Cada vez que Silva se compara con Louzán estalle a facer un monumento’

    VILANOVA>

     

    Pouco despois deste anuncio, Gonzalo Durán marchaba cara a Deputación de Pontevedra para manter unha concentración cos demais alcaldes populares da provincia coa que protestar, unha vez máis, polo trato que lles está a dar a administración provincial. Agora, tralo anuncio dos presupostos para o próximo ano.

     

     

    Se en Vilanova o ambiente estaba caldeado co peche do financiamento á Escola de Gaitas e a recente paralización das obras da Casa da Cultura do Esteiro, a publicación dos orzamentos da Deputación para concello non fixo máis que avivar o malestar do goberno local co provincial. Esta semana argumentaba o deputado socialista e concelleiro en Vilanova, Javier Dios, que o executivo de Carmela Silva aumentara a partida destinada a este municipio fronte á dada polo anterior presidente provincial, do PP. 650.000 euros fronte a 550.000, en cifras redondas. Para o alcalde de Vilanova, o argumento caeu case coma un insulto.

     

    Insiste Durán en que a Deputación de Silva está a primar a concellos como Vigo, algo menos Pontevedra, e deixando de lado ós municipios pequenos, que é ós que precisamente debía prestar toda a atención. Aconséllalle que se deixe de comparar co anterior executivo de Louzán.

     

    No tocante á paralización das obras da Casa da Cultura, os servizos xurídicos do concello seguen a estudar a posibilidade de tomar medidas legais contra a Deputación, xa que levan solicitado varias veces a reunión da comisión de seguimento sen obter resposta.

     

    No próximo pleno da Deputación o grupo popular levará unha moción para solicitar que se levante a paralización das obras. No concello de Vilanova estarán moi pendentes do que vote ó respecto o deputado e edil vilanovés Javier Dios. Se o fai en contra, o grupo de goberno optará por reprobalo a nivel municipal como concelleiro.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/20/gonzalodeputacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/20/GONZALO_DEPUTACION.mp4{/flowplayer}