Industria informará ós consumidores sobre as tarifas eléctricas

    belenus copia.jpg SANTIAGO> A consellería dirixida por Javier Guerra impulsa o programa ‘Belenus’ para que os galegos coñezan a actual oferta do mercado eléctrico.

    {flowplayer}images/salnes/PROGRAMA_BELENUS.flv{/flowplayer}

    Segundo explicou o titular da consellería de Industria, Javier Guerra, o progrma ‘Belenus’ fará especial fincapé en informar sobre tarifas como a de Último Recurso, a tarifa social ou as de discriminación horaria. Con esta iniciativa preténdese que os galegos poidan coñecer de primeira man os seus dereitos como consumidores, así como a oferta tarifaria do mercado eléctrico. Para poder asesorar á cidadanía, o Instituto Galego de Consumo ofrecerá formación especializada a algúns dos seus profesionais, clases que estenderá ás oficinas de información e asociacións de consumidores de varias cidades, entre elas Vilagarcía, Sanxenxo e Pontevedra.

    Redacción Salnés