As primeiras catas de Cálago certifican a presenza romana na zona

    CAMBADOS> A primeira das catas arqueolóxicas en Cálago, en Vilanova, certifica a presenza de restos de tellas e cerámicas romanas, o que parece indicar que Vilanova naceu neste espazo arqueolóxico hai máis de 2000 anos. Hoxe, durante a segunda xornada de escavacións estivemos co equipo a pe de campo. A primeira cata arqueolóxica realizada na zona de Cálago, en Vilanova de Arousa, xa deu resultado. O equipo formado polos 5 arqueólogos que están levando a cabo as prospeccións, non queren adiantarse ós acontecementos, pero aseguran que xa na primeira xornada da escavación, que comezou onte, atoparon relevantes achados para poder datar o espazo. Tal e como nos contou esta mañá o Arqueólogo Director das intervencións. A intervención dividirase en catro catas en catro zona diferentes do espazo arqueolóxico de Cálago. A primeira, a que xa se comezou a escavar é esta, a da terraza, na zona máis próxima ó actual cemiterio. Esta mañá tamén o alcalde de Vilanova visitou a escavación en varios momentos para comprobar o avance dos descubrimentos. Alí asegurounos que xa hai permiso para repetir a escavación o ano próximo, e que segundo o que se atope nas xornadas vindeiras, estudarase o ampliar a intervención a máis anos. Coa autorización de Patrimonio, as catas contan cun presuposto de 12.000 euros financiados a partes iguais polo Concello e A Xunta. O prazo de execución dos traballos será duns 13 días.