![]()
A ILLA > Dentro de aproximadamente 3 meses a casa consistorial da Illa lucirá por fin o escudo e a bandeira que tantos anos lle faltou. No pleno que se celebrará mañá…
… a corporación municipal debaterá entre outros puntos, a aprobación das insignias que identificarán ó concello. A comisión heráldica xa dou o visto bo a un proxecto onde o eixo central que simboliza ós novos emblemas son as cunchas de vieira e o mar.
Estas son as dúas insignias que no futuro presidirán o concello arousá .Dende que o pobo da Illa se independizara de Vilanova, non contou cun escudo e bandeira que identifique ó concello.
Por iso dende 1997 o equipo de goberno iniciou os trámites para os que serán os símbolos legais da vila. Varios foron os proxectos presentados para a elección do anagrama, pero finalmente a comisión heráldica,organismo encargado de seleccionar o deseño final aprobou os que será o escudo e bandeira do concello
Ata o de agora por votación popular a imaxe que presidiu o concello foi a creación ideada por Cristina Allo, e que nun principio non desaparecerá coa nova simboloxía senón que as dúas convivirán a partes iguais, xa que leva once anos representando á Illa de Arousa.
Un proxecto que se fará realidade en 3 meses aproximadamente A aprobación do novo escudo e bandeira da vila levarase a cabo mañá no pleno ordinario da corporación.
Redacción Salnés






