‘Este ano para a carpa seleccionamos viños de primeira liña’

    tinto2011 copy.jpgRIBADUMIA> Unha ducia de casetas promoverán os mellores tintos de Barrantes na Festa do Viño Tinto do Salnés que comeza mañá.

    {flowplayer}images/salnes/CATAS_TINTO_BARRANTES.flv{/flowplayer}

    A Asociación de Viticultores que elabora estes caldos lembra que a colleita de 2011 foi abundante e de boa calidade. Segundo indicou o seu presidente Manuel Abuín, este ano para a carpa seleccionaron viños de primeira liña. En total serán 11 stands de tinto e outro de viño autóctono.

    Precisamente a abundancia da última colleita, complicou nesta edición a elección dos doce viños que concorrerán o sábado na cata final, que se desenvolverá o sábado ás 12 e cuarto do mediodía. Desde o pasado 5 de maio, desenvolvéronse varias catas por parroquias ata seleccionar 46 paras as precatas celebradas esta semana.

    Custar tamén lle está a custar á Asociación de Viticultores do Viño Tinto do Salnés conseguir a legalización deste viño. No ámbito político, os colleiteiros contan co apoio do presidente da Deputación e da alcaldesa de Ribadumia, pero parece que non acaban de obter respaldo explícito dos cargos da Xunta. De momento, a saída que teñen a tanto viño son os furanchos e a Festa do Tinto do Salnés.

    A asociación manterá os mesmos prezos que en 2011 na carpa da festa, tres euros a botella e un euro a taza.

    Redacción Salnés