Os Reis Magos repartiran caramelos e agasallos en Vilanova

    cabalgata_vilanova_100.jpgVILANOVA > O vindeiro sábado, ás 5 da tarde, a comitiva real chegará á Casa do Concello de Vilanova, onde serán recibidos polo Alcalde e por outras autoridades.

    A partir de aí, o desfile continuará polas zona das Rodas, a Igrexa de San Mauro, o Cabo e polas rúas da Basella, González Besada, Concepción Arenal e Juan Carlos I. Logo volverá cara a igrexa parroquial e rematará a súa andadura na praza da Pastoriza, onde se establecerá de novo este ano, o tradicional belén vivinte da parroquia. En todo este itinerario, as súas maxestades viaxarán a bordo de espectaculares carrozas de ata 8 metros, alumeadas polos fachos de numerosos paxes reais.

    A cabalgata estará amenizada polas bandas de Música da Estrada e de Arcade e maila agrupación gaiteiros de Tremoedo. Aínda que sen dúbida, unha das principais atraccións deste ano será a participación de varios personaxes de Disney, como son este Mickey Mouse e este osiño Winnie, que tampouco quixeron faltar nesta presentación.

    No seu percorrido os tres de Oriente, guindarán ata 500 kilos de caramelos e, unha vez no Palco da Praza da Pastoriza, agasallaran a cada neno ou nena cun regalo. Un despregue que será posible grazas a doazón da asociación de comerciantes de Vilanova Centro; e indirectamente á colaboración de todos aqueles que mercan nos seus establecementos asociados.

    Na organización deste día tan especial para os mais pequenos da casa colaboran tamén a parroquia, a asociación de mulleres rurais, a deputación provincial e a asociación Ansuíña. Esta última argallou este ano outra fórmula recadatoria: venden lotería de reis para xuntar cartos para as vestimentas do ano que ven de Melchor, Gaspar e Baltasar.

    Todo está listo, o único que pode deslucir este día é a choiva; aínda que ese contratempo tamén está previsto. Se o tempo non acompaña os actos celebraranse no pavillón municipal.

    Como antesala á cabalgata, mañá ás once da mañá o carteiro real acudirá ó Concello a recoller as últimas peticións dos vilanoveses máis novos.

    Redacción Salnés.