O Intecmar de Vilaxoán convértese no novo laboratorio nacional de referencia de biotoxinas mariñas

VILAGARCIA> O Intecmar de Vilaxoán convértese no novo laboratorio nacional de referencia de biotoxinas mariñas. O estado e a xunta firmaron un convenio para elevar a categoría do centro de investigacións. Dende o ministerio de consumo destacaron as tarefas que se realizan dende o Intecmar para garantir a calidade dos produtos do mar.

O instituto tecnolóxico para o control do medio mariño de Vilaxoán leva anos adquirindo numerosos recoñecementos polos seus traballos. As súas investigacións permiten mellorar a calidade das augas e o benestar dos biodiversidade mariña de Galicia. Por todo este traballo, o estado ascende a categoría do centro e o converte no novo laboratorio nacional de referencia de biotoxinas mariñas.

A nova categoría é froito do convenio firmado entre o ministerio de consumo e a xunta de Galicia. Dende o estado destacan as tarefas que realiza  o centro.

Dende a Xunta sinalan que  este convenio é imporante tanto para o centro como para toda Galicia.

O papel dos laboratorio de referencia é fundamental para garantir a fiabilidade dos controis en toda a Unión Europea, coordinar a actividade dos laboratorios e para mellorar os métodos de análises e a formación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí