Martín Códax inaugura a tempada cultural de verán

    CAMBADOS> A Adega cambadesa Martín Códax ven de inaugurar a súa programación cultural de verán; unha serie de actos que pretenden estender…

    {flowplayer}images/salnes/martin_codax.flv{/flowplayer}… e intrincar a cultura do viño da zona con outras manifestacións culturais. O acto desta fin de semana consistiu na exposición de esculturas de varios artistas galegos; co fin de achegar a arte a espacios pouco convencionais, lonxe dos tradicionais museos. Amais da mostra escultórica, os asistentes presenciaron a proxección do filme documental A Propósito de Niza do francés Jean Vigo e puideron desfrutar os viños producidos por esta adega ó son do acordeonista Carlos Quintá, co que dan así o pistoletazo de saída a outras actividades semellantes que de novo se repetirán nas noites de estío do Salnés. Tódalas actividades programadas pola adega son abertas ó público, aínda que algunhas teñen prazas limitadas como Os xoves de Códax, co que é preciso reservar praza con antelación. Redacción Salnés