Clausúrase o segundo curso para coidadores non profesionais

    curso_vila_100.jpgVILAGARCÍA > Esta tarde clausurouse en Vilagarcía o segundo curso para coidadores non profesionais de persoas con enfermidades neurodexenerativas.

    Este acto de peche contou ca presencia da concelleira de Igualdade e Benestar deste Concello, Ana Lorenzo, que foi a encargada de entregar cadanseu diploma ós asistentes.

    Os presentes coincidiron en dar por moi satisfactorio este cursiño, que tiña como obxectivo ampliar o coñecemento de persoas non profesionais, co fin de mellorar a súa calidade de vida e dos pacientes ós que coidan. Esta actividade inclúese dentro dun proxecto máis amplo, no que tamén se organizaron charlas informativas polas parroquias e lugares de Vilagarcía, ademais dunha serie de charlas impartidas a domicilio por auxiliares, nas que se ensinaba ós familiares a dar conta de doentes e dependentes.Todas elas con gran éxito de asistencia e cunha favorable acollida dos aprendices.

    Tamén para finais deste mes, o Concello ten prevista unha charla na que un técnico da Xunta de Galicia virá a explicar a actual lei de dependencia; un tema que está a espertar tamén un gran interese entre a cidadanía vilagarciá. A maiores, esta mesma concellería de Igualdade e Benestar Social argalla outros cursos de interese para a poboación en xeral.

    Redacción Salnés