As reformas non frean o abandono da praza dos Muíños

    muinos.jpgRIBEIRA> A tan demandada reforma da praza dos Muíños, levada a cabo hai pouco máis dun ano , non contribuíu a solucionar ningún dos seus problemas.

    {flowplayer}barbanza/novadenunciaprazamuinos.flv{/flowplayer}

    As denuncias dos veciños refírense principalmente á recollida dos excrementos dos cans posto que pola zona transitan moitas persoas que sacan a pasear as súas mascotas

    O abandono e falta de vixilancia converten á praza nun sitio idóneo para a botellón e é frecuente a presenza de drogodependentes. A situación é especialmente grave dado que na zona existe unha escola infantil.

    Os residentes denuncian ademais que persiste a acumulación de auga durante os días de chuvia e botan en falta determinados elementos do mobiliario urbano que contribúan a humanizar o contorno desta praza que prosegue o seu deterioro a pesar das continuas reformas.

    Redacción Barbanza