A Pobra destina máis de 70 mil euros a arranxos en instalacións deportivas

A POBRA> O concello da Pobra segue a traballar na melloras das súas infraestruturas deportivas. Nos últimos meses investiron máis de 70 mil euros no arranxo e mantemento de distintas instalacións. Entre estas obras, destaca a ampliación do edificio de usos náuticos para dotar dun almacén ó club de remo.

Atendendo ás demandas dos clubs do municipio o concello da Pobra acometeu unha serie de melloras nos pavillóns e infraestruturas deportivas. entre elas, a ampliación do edificio de usos náuticos que permitiu dotar de máis espazo de almacenaxe ó club de remo Puebla.

Ademais da reforma do polideportivo de Venecia e os arranxos de numerosas pistas deportivas, o concello acometeu tamén melloras no estadio da Alta por máis de 30 mil euros.

Dende a concellería de Deportes actuaron tamén no polideportivo da Tomada, reforzando as columnas exteriores e a unión coa parede para evitar filtracións. O importe desta obra superou os 21 mil euros.