Mexi-llón é a mascota da 68ª Volta Ciclista á España

 PONTEVEDRA> Xa que a Volta Ciclista a España deste ano sae dunha batea, nada mais acaído que a mascota proceda tamén desta infraestructura mariña.

{flowplayer}images/salnes/campana_volta_060513.flv{/flowplayer}

 Mexi-llón que así se chama o boneco ven de ser presentado en sociedade da man do seu creador Pepe Carreiro, creador tamén da serie Os Bolechas. Mexi-llón e o seu merchandising estarán presentes non só nas catro primeiras etapas da proba pola provincia de Pontevedra: Vilanova-Sanxenxo, Vigo-Mirador do Monte Lobeira, Pontevedra-Baiona e Lalín/A Estrada-Fisterra; senón que este mitilo estará presente nas 21 etapas da volta xunto cunha intensa campaña promocional en torno ó mexillón galego con Denominación de Orixe Protexida.

No eido estrictamente deportivo, o Director Xeral de Unipubli adiantou unha participación semellante á do ano anterior, aínda que a axenda dos ciclistas máis destacados estará condicionada pola celebración doutras dúas grandes probas do ciclismo profesional; o Tour de Francia e o Giro italiano.

Amais da participación deportiva, a organización agarda que este ano sigan a proba, e polo tanto poidan coñecer a Mexi-llón, ó redor de dous millóns e medio de persoas.

Redacción Salnés