Gran victoria do Extrugasa que as coloca a un paso da Copa

extrugasa100vid_070108_001_copy.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa voltou de Barcelona cunha victoria tras derrotar ó Olesa por 65-73. Sara Gómez dende o perímetro comandou o ataque vilagarcián.

O Extrugasa ve cada vez máis preto a súa clasificación para a Copa da Raíña. O obxectivo para este inicio de ano era recupera-la chispa e a intensidade defensiva, e conseguíuse. A estadística di que si a rival das vilagarciáns fan menos de 67 puntos, perden; onte non chegaron a esta cifra e, como non, caeron.

Se en defensa todo o equipo amosou un alto nivel, en ataque estiveron excelentes as xogadoras exteriores. Coa baixa aportación de Agne, Sara Gómez con 15 puntos e Leslie Ardon e Kiesha Brown, con 14 cada unha, tiraron do carro.

As de Isaac Fernández saíron moi centradas e acertadas e fóronse ó descanso doce arriba (31-43). Despois de te-lo partido controlado durante os tres primeiros cuartos, tiveron que soporta-lo arreón final das locais, que colocáronse a tres puntos a falta de minuto e medio. Pero a victoria non se lle escapou ó Extrugasa, que agora é quinto na táboa e ten pé e medio na Copa.

Próxima estación, Gran Canaria, en partido de Eurocup, o xoves en Fontecarmoa a partires das 20:30.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto11.flv{/flowplayer}

Redacción Salnés