Os comerciantes de A Illa premian a fidelidade dos clientes con 2.000 euros

    boletos100_001copia.jpgA ILLA > Premiar a fidelidade dos clientes que colaboran co pequeno comercio durante o ano. Este é o obxectivo dos dous mil euros

    … que a Asociación de Empresários de A Illa de Arousa sorteou hoxe. Segundo o presidente dos comerciantes, é un deber dos establecementos de A Illa ter un detalle cos seus clientes, xa que eles son que fan posible a subsistencia do seu sector.

     O premio repártese en catro boletos de 200, 400, 600 e 800 euros que os gañadores poderán gastar nas tendas do concello. Por este mesmo orde, os premiados foron Carlos Prado, Julián García Mouriño, Violeta García Pérez e Raquel Rios. A través dun sorteo non presencial, comunicóuselles os gañadores por telefono a boa noticia. Os cartos que se lles van a entregar serán simulacións de billetes cos que os premiados poderán facer as súas compras.

    Ademais hoxe tamén se entregaron os diplomas do curso de técnicas de paquetería e escaparatismo. Dos 23 comercios que conforman a asociación, 15 persoas asistiron ó curso. 14 mulleres e tan só un1 home. Un número que reflexa a baixa participación masculina. Aprender dos novos campos nos que basea agora o comercio é un aspecto clave, tamén, para os pequenos comerciantes. E os de A Illa non se queren quedar atrás nesta importante materia.

    {flowplayer}images/salnes/premioailla.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés