Sanxenxo agarda chegar ao 85% de ocupación hoteleira durante a Semana Santa

SANXENXO> Sanxenxo agarda superar o 85% de ocupación hoteleira ao longo desta Semana Santa. Os hoteis están cumprindo coas expectativas pero a previsión do bo tempo fai que as reservas continúen en aumento. A maioría dos visitantes son familias que proveñen das comunidades próximas a Galicia.

Somerxidos na Semana Santa, o incremento de turistas na nosa contorna xa é notable. Na vila con maior demanda turística de Galicia, Sanxenxo, obsérvase estes días un movemento continuo de xente camiñando polos súas rúas, especialmente nos arredores da praia de Silgar. A vila conta neste momento cunha ocupación hoteleira dun 80%

A previsión de que a Semana Santa ía ser tan boa tardou en chegar, unha vez confirmada, as reservas van en aumento e dende o Cets agardan chegar a un 85% de ocuación.

O perfil dos visitantes soen ser familias que proveñen das comunidades próximas a Galicia.

Aínda que Sanxenxo recibe visitas de todas partes de España e Portugal e tamén doutros países.

As paisaxes e o ambiente son as claves do éxito da nosa contorna.

As boas cifras de Semana Santa supoñen un pulo para o inicio da campaña nos establecementos hoteleiros.

A tempada alta vai dende xuño a setembro. Ata esas datas, as fin de semana e as pontes son os establecementos hoteleiros dependen moito das fins de semana, as pontes e as excursións dos grupos, de aí a importancia para estes negocios de acadar unhas boas cifras de ocupación na Semana Santa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí