O sector da construcción de Cambados frea a súa evolución positiva

    construcion100_110108_001.jpgCAMBADOS > Despois de anos de crecemento, o sector da construcción en Cambados sufriu o seu primeiro retroceso

    … Segundo os datos facilitados polo Concello, o pasado ano construíuse menos que durante 2006, ata o punto de que os ingresos por este concepto caeron un 43 por cento.

    Freo na construcción en Cambados. O Concello deu a coñecer os datos das licencias de obra de 2007: en total 726 permisos tramitados e 560 mil euros de ingresos. Isto supón unha notoria baixada na recadación por este concepto con respecto ó ano pasado, cando entraron nas arcas municipais máis dun millón douscentos mil euros. Con este 43 por cento menos rómpese a evolución positiva dos pasados exercicios. Ademais, o volume de negocio na construcción baixa dos 28 millóns de euros, 9 menos que en 2006, segundo se colixe dos proxectos presentados.

    En canto ó número de licencias concedidas, foron 500, 46 menos que en 2006. Unha baixada que se ve tanto na construcción de vivenda nova como na de naves industriais. O Concello salienta a baixada rexistrada no polígono de Sete Pías, onde se tramitaron 16 licencias menos que en 2006. Contabilizáronse só 4 licencias de obra maior ó estar todo o terreo practicamente ocupado. Para o goberno local esto pon de manifesto a necesidade da ampliación do polígono para axudar a reactivar o sector constructor, ademais de mellorar os ingresos municipais.

    Redacción Salnés