Os traballadores de Valoriza comezarán a mobilizarse para esixir á empresa un novo convenio laboral

VILAGARCIA> Os traballadores de Valoriza mobilizaranse ante a negativa da empresa de mellorar os seus salarios. Os empregados teñen os salarios conxelados dende 2017, o que supón unha perda de ingresos de arredor de 4 mil euros por persoa. Piden á mancomunidade e aos gobernos de Vilanova, Meis e Cambados, onde prestan o servizo, que medien para que a empresa se poña a negociar con propostas serias.

No ano 2017 rematou o convenio laboral para os traballadoras do servizo de recollida do lixo da Mancomunidade do Salnés nos concellos de Vilanova e Cambados. O servizo naquel momento era xestionado por Urbaser, que paralizou as negociacións en vistas ás eleccións municipais e a finalización da concesión. Tralas eleccións, a mancomunidade estivo paralizada antes as diferentes denuncias pola elección dos concelleiros de Meaño. Finalmente no 2021 realizouse o concurso e Valoriza fíxose coa xestión. Os traballadores foron subrogados á nova empresa e a negociación continuo paralizada. Os empregados denuncia que Valoriza négase a negociar de forma seria.

Segundo o sindicato, a empresa debería pagar preto de 4 mil euros a cada un dos doce traballadores polos salarios atrasados. Tras estas negativas, os empregados comezarán a mobilizarse nos diferentes concellos onde se aplica o servizo. Aos citados anteriormente engadiuse Meis tralo último concurso.

Tamén piden á mancomunidade e aos concellos implicados que medien para que Valoriza negocie

As mobilizacións terán lugar o día 2 en Meis, o xoves 9 en Cambados e xoves 16 en Vilanova. O día 17 terán unha nova reunión coa empresa na que agardan unha proposta seria, do contrario aumentarán as mobilizacións.