Meis celebrará o seu gran desfile de Entroido o 1 de marzo

MEIS> Meis vivirá o seu entroido o 1 de marzo. O concello ten xa todo listo para os festexos deste ano, co gran desfile como prato principal da programación. Como todos os anos premiaranse os mellores disfraces nas diferentes categorías: induviduais, parellas e grupos.

O entroido de Meis xa está marcado en vermello no calendario. Na vila hai moitas ganas de troula, logo de que a edición do ano pasado tivera que cancelarse por mor do tempo. Este ano, as actividades vanse condensar no sábado 1 de marzo.

No concello fan un chamamento á participación da veciñanza nesta xornada, inscribíndose para o desfile nas categorías indiduais, por parellas ou en grupo. Un xurado será o encargado de determinar cales son as mellores propostas das diferentes modalidades.

Unha cita que, como non podía ser doutro xeito, vén ateigada de premios.

Ao que hai que sumar nas categorías infantís vales-agasallo de diferentes importes para mercar nunha libraría.