En Común propón unha parcela na Avenida das Carolinas para o centro de saúde

VILAGARCÍA> Vilagarcía En Común propón unha nova ubicación para o centro de saúde. Para a formación, uns terreos de titularidade privada na Travesía da Avenida das Carolinas serían a mellor opción para acoller esta instalación, tanto pola súa ubicación como polo espazo dispoñible para edificar. Aseguran que a comandancia da Mariña, aposta do goberno actual de Ravella, non sería unha boa localización para o ambulatorio.

Unha parcela na Travesía da Avenida das Carolinas é, segundo Vilagarcía En Común, a mellor ubicación para o novo centro de saúde.

Dende a formación recoñecen que os torreos son de titularidade privada, pero instan ao goberno local a empezar as negociacións cos propietarios, para despois cedelos ao Sergas. A día de hoxe, Vilagarcía En Común desbota a opción defendida dende o executivo de Alberto Varela: a da Comandancia da Mariña como edificio para acoller o centro de saúde.

A construción do centro de saúde nesta parcela permitiría, ademais, impulsar a urbanización da zona e un barrio que na actualidade precisa de máis equipamentos e servizos públicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí