As obras do campo de fútbol do Terrón continuarán a partir do luns

    duran_terron2_180507_100.jpgVILANOVA > As obras do campo de fútbol do Terrón, en Vilanova de Arousa poderán continuar. O permiso asinado pola Delegación…

    …de Política Territorial chegou está mañá o Concello. O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, amosouse satisfeito e celebrou unha xunta de goberno vía urxencia para dar , por segunda vez en tres meses, a licencia municipal. Os traballos do campo de fútbol do terrón volverán a reanudarse a partir do luns.

    A delegación de política territorial deu ó visto bó e estas obras poderán seguir finalmente. Trátase da segunda licencia que o equipo de goberno concede en tres meses. As maquinas atópanse xa no Terrón e está previsto que incicien ás obras a partir do luns. Esta noite haberá mitín do PP en VIlanova e Gonzalo Durán fará especial fincapé nesta polémica sobre o campo de Terrón que con esta licencia do Concello pode quedar pechada dunha vez por todas. Gonzalo Durán espera que o campo do Terrón este listo en setembro, de cara á nova temporada. Tino Portas, vicepresidente de la escuela de fútbol de Vilanova tamén amosou a súa alegría poe estes feitos.

    Redacción Salnés