Zona Aberta reparte 1400 euros na campaña de Nadal

VILAGARCÍA> Zona Aberta de Vilagarcía reparte 1400 euros en vales desconto coa súa campaña de Nadal. As gañadoras realizaron as súas compras na librería Arines e en Complementos Costureiro. A asociación de comerciantes valorou de forma positiva esta campaña. Lamentan que as vendas non sexan mellores polo comercio online.

A asociación de comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía continúa coas súas campañas para atraer clientes ao comercio local. Nesta nova promoción de Nadal os comerciantes sortearon 1400 euros en vales descontos.

Os comerciantes fan unha valoración positiva da campaña a pesar de non ser unha das mellores dos últimos anos.

O primeiro premio estaba valorado con 1000 euros en vales descontos.  A gañadora fixo as súas compras na Papelería Arines.

A gañadora do segundo premio, valorado en 400 euros, obtivo o seu agasallo mercando en Complementos Costureiro.

A asociación xa ten a vista posta na súa seguinte campaña. A vindeira promoción que fará Zona Aberta será por San Valentín.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí