A I Copa Real Federación Española levará a Silgar o mellor do fútbol praia

SANXENXO> O fútbol praia será unha das últimas citas deportivas que o verán deixará en Sanxenxo. Dende este venres ao domingo, a praia de Silgar acollerá a primeira Copa Real Federación Española de Fútbol, na que competirán os oito mellores clubs nacionais desta disciplina. Do campionato sairá o campión de España de clubs.

 

Das areas de Silgar sairá esta fin de semana o equipo campión de España de clubs de fútbol praia. O areal sanxenxino acollerá a primeira Copa Real Federación Española.

 Bala Azul, Valencia Club de Fútbol, Unión Deportiva Levante, Talavera,  Melistar, Melilla Club Deportivo e o Fútbol Praia Huelva, achegaranse ata Galicia para competir polo título. O único equipo galego que participará é o Coruxo, que nas súas filas conta co padriño do evento.

Para acoller a competición, na zona máis próxima a Punta Vicaño instalaranse gradas móbiles que darán cabida a 600 espectadores. A entrada será de balde, e todo estará listo para que a cita se converta nun espectáculo.

A competición arrancará este venres ás 9.30 da mañá ata as 9 da noite. O sábado repetiranse os mesmos horarios. Será distinto o domingo, cando á 1 e media do mediodía está prevista a final da copa. Antes, ás 12.30 celebrarase un encontro amigable entre os equipos femininos de  Portonovo e o Noalla. Tamén a xornada de clausura incluirá un recoñecemento á Selección Galega, subcampiona de España.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/25/futbol_praia_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/25/futbol_praia_sanxenxo.mp4{/flowplayer}