Tres días de loito oficial en Meis polo falecemento do seu exalcalde Jorge Casal

MEIS> Loito no concello de Meis. Faleceu aos 92 anos Jorge Casal, quen fora rexedor do municipio durante 20 anos. A actual alcaldesa comunicaba nas súas redes sociais a nova, e anunciaba a declaración de tres días de loito oficial en sinal de dolo institucional.

Casal foi o primeiro alcalde da democracia. En 1979 facíase co bastón de mando baixo as siglas de Coalición Democrática. Un posto que non deixaría en dúas décadas, nos últimos anos xa dentro do Partido Popular. No 1999 collía o relevo quen fora o seu número dos na formación e alcalde ata 2019, José Luis Pérez.

Jorge Casal fora tamén profesor no colexio de Meis. Precisamente, no 2019 o concello dedicáralle a rúa que pasa por diante do centro escolar do municipio. Esta fora a súa última aparición pública.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí