Sanxenxo non solicitará o reingreso en Villas Marineras

    SANXENXO> O concello de Sanxenxo protesta pola súa expulsión de Villas Marineras sen previo aviso. A pesar deste feito, dende o consistorio admiten que non solicitaran o reingreso nesta entidade. 

     

    A Asociación de Villas Marineras, integrada polos concellos de Baiona, Llanes, Ribadesella, San Vicente de la Barquera, Santoña e Laredo, expulsou a Sanxenxo da súa lista, que era membro fundador dende a súa fundación, hai xa quince anos, por non pagar dúas anualidades de cota e por desentendemento de actividades e reunións. Un feito que xerou mal estar no seo do tripartito, polo que presentaron unha queixa formal. 

    Dende o concello valoran en 80.000 euros o custe en cotas por pertencer a este grupo. Dende Villas Marineras acusan ao concello de Sanxenxo de non participar en reunións e actividades dende hai algún tempo. Pola súa parte dende o tripartito admiten que non solicitaran o reingreso na entidade. 

     O principal partido na oposición da vila, o Partido Popular, solicitou explicacións públicas ao tripartito por esta situación, e afirmou que este tipo de situacións, “sumen nun profundo bochorno” a principal vila turística de Galicia. Unhas acusacións que dende o actual goberno quixeron matizar. 

    O concello de Sanxenxo reflexiona que “Villas Marineras” fundouse con máis de 20 municipios e no verán de 2015 eran 10. Na actualidade só figuran 6, e admiten que as baixas son constantes o funcionamento, a seu xuízo, pouco profesional, algo do que xa se queixaron dende Sanxenxo en algunha ocasión. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/30/villa_marineras_sanxenxo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/30/villa_marineras_sanxenxo.mp4{/flowplayer}