Comuneiros da Portela acusan ó seu presidente de ter finxido un roubo

     BARRO> Desconfían de que podería ter sido finxido o roubo para evitar entregar a documentación que lle solicitaran.

    {flowplayer}images/salnes/ComuneirosBarro.flv{/flowplayer}

    Anos leva este grupo de comuneiros denunciando a forma de proceder do seu presidente, José Luis Pintos, ó que acusan de non convocar as asembleas precisas e de actuar ó seu antollo saltándose por completo os estatutos. A situación chegou o seu límite cando Pintos denunciou un roubo na sede dos comuneiros no que podería ter desaparecido a documentación que o sector crítico ten reclamada por vía xudicial.

    Unha porta sen demasiados signos de ter sido forzada, e poucas cousas de valor que botar en falta. Isto é o que fai sospeitar ós comuneiros que o obxectivo deste roubo estaría en xustificar a desaparición da documentación que non lles quere dar a coñecer. Por si isto fora pouco, aseguran, tratou de acusalos a eles diante do resto dos veciños como responsables do roubo.

    Tal é o escurantismo que aseguran non saber a que quere o presidente destinar o millón de euros que veñen de recibir pola expropiación dos terreos do polígono.

    A orixe do conflito está nesta finca. A un lado a casa multiusos propiedade da comunidade de montes, e ó outro a entrada dunha finca que pertence a un dos comuneiros. Entrada que, segundo denuncian, quere pechar o presidente da comunidade.

    Tanto é así que a acta da última asemblea, din os opositores, tratou de aprobala sen o seu consentimento. Colocándoa se avisar e medio agochada no taboleiro do Concello para que ó pasar os dez días correspondentes quedase aprobada automaticamente. Con este panorama, a resolución do conflito queda agora en mans da xustiza, posto que o presidente négase tamén a convocar eleccións e a súa saída do cargo tan só podería producirse por medio dun xuíz.

    Redacción Salnés