Dúas derrotas que deixan un bo sabor de boca

baloncesto250_290908.jpgSALNÉS > Esta fin de semana disputouse en Vilagarcía o V Trofeo Extrugasa que se adxudicou o Celta Indepo. Tamén xogou o Inelga en Liga EBA con resultado negativo para eles xa que caeron por catro puntos de diferencia na súa visita á cancha do Ferrol.

O Extrugasa non puido pechar onte con victoria a súa participación no seu propio trofeo, o Trofeo Extrugasa. As vilagarciáns caeron no derradeiro partido deste triangular co Perfumerías Avenida por 79-81, despois de levar ás salmantinas á prorroga.

Tras un bo arranque no primeiro cuarto das de Isaac Fernández, que colleitaron rentas superiores ós dez puntos, atascarónse no segundo e permitiron que o Perfumerías Avenida remontase o encontro.

A igualdade foi a nota predominante de ahí ata o final, cun Extrugasa liderado en ataque por Sara Gómez, que fixo 24 puntos. A falta de 50 segundos as locais mandaban por dous puntos, pero as salmantinas foron quen de empatar o encontro (70-70) e levalo a unha prórroga onde foron un pouquiño mellores e gañaron.

Pese ás dúas derrotas que colleitou o Extrugasa, as vilagarciáns deixaron unha boa imaxe ante dous conxuntos chamados a estar entre os de arriba este ano na Liga feminina. O venres, ante o Celta Indepo, tamén levaron ás viguesas á prorroga para acabar perdendo por catro. Precisamente o Celta levouse o trofeo deste ano xa que tamén venceu ó Perfumerías, o sábado, por 45-57.

Agora ás vilagarciáns tócalles pensar no Gran Canaria, primeiro rival de liga o sábado.

Por outra banda o Inelga non puido co Ferrol e colleitou a súa segunda derrota da temporada, tras caer por 4 puntos, 74 a 70. Despois de 38 minutos de moitísima igualdade os de Juan Espìñeira cometeron unha falta antideportiva no momento menos adecuado que aproveitaron os locais para facer oco e levarse a victoria.

Pablo Villaronga, con 25 puntos, foi o máximo anotador do encontro.

Redacción Salnés