Un incendio nunha fábrica de Castiñeiras obriga a desaloxar ós veciños

    incendiocastineiras_100_170108.jpgRIBEIRA > O incendio dunha antiga fábrica conserveira en Castiñeiras provocou esta pasada madrugada o pánico entre os veciños.

    Os veciños da parroquia ribeiresa de Castiñeiras viviron onte pola noite unha situación de máxima alerta, a consecuencia do incedio que se orixinou no interior dunha vella fábrica conserveira, na que hoxe en día xa non se rexistra actividade algunha. O lume, que destrozou case por completo a nave, detectouse ó redor das dez da noite. Ata o lugar do suceso achegáronse nun primeiro momento efectivos da Policía Local, de Protección Civil e do parque de bombeiros. A magnitude das chamas e as dificultades existentes para a súa extinción provocou que tiveran que desprazarse máis efectivos ata a zona.

    incendiocastieiras2_200_170107.jpgSegundo nos confirmou o xefe do parque de bombeiros de Ribeira o incendio orixinouse na área de produción e nos almacéns, onde existían uns depósitos de aceite e amoníaco.

    A consecuencia do incendio e ante o perigo de que as chamas se extenderan dende a vella factoría a outras vivendas colindantes, o dispositivo de emerxencia optou por desaloxar ós veciños de varias casas, así como tamén pechar ó tráfico a estrada.

    Lume intencionado

    Polo de agora aínda é cedo para confirmar as causas que orixinaron o lume, aínda que a Policía Local sospeita que puido ser intencionado xa que a conservería non ten actividade actualmente.

    Esta mañá os bombeiros do parque ribeirés continuaban remollando os cascallos para tratar de evitar que se reavivase o lume, un proceso que teñen previsto continuar nos vindeiros días.

    {flowplayer}barbanza/incendiocastineiras.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza